Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2023

Letras Galegas

Imagen
 Nos días previos ás Letras Galegas, descubrimos ao escritor homenaxeado este ano, Francisco Fernández del Riego. Falamos sobre a súa biografía, buscamos polo corredor algúns carteis que falaban sobre el,  e tamén fixemos un pequeniño traballo para participar co resto do centro. Nós tiñamos que gravar un audio con información sobre a súa vida e tamén o ilustramos.                     Cando o rematamos o colocamos no corredor para que o resto de compañeiros e mestres puidesen ler a información.

Comprobamos a flotabilidade dalgúns obxectos e facemos un barquiño pirata con tapóns de corcho.

Imagen
  A semana pasada, continuando con experimentos e experiencias relacionadas coa auga, observamos e comprobamos que obxectos flotan e cales non.  Previamente plantexamos a nosa hipótese para inmediatamente despois comprobar se era certa ou non.  Probamos con: unha moeda, un tornillo, papel, unha cuncha, un boli, un tapón de plástico, un corcho, unhas tixeiras....e algunhas cousas máis que se nos foron ocorrendo.  Algúns compañeiros manifestaban que as cousas redondas se hundía, pero logo de súpeto comprobamos que o tapón de plástico tamén redondo, sí que flotaba.  Logo rexistramos nun papel marcando cun x nun cadro de dobre entrada, si ese obxecto flotaba ou se hundía.  Ángela nos propuxo facer un barquiño cos corchos, xa que estes días andivemos con historias de piratas, do mar, dos submarinos...  E como sempre facemos, nos entusiasmamos coa idea e nos puxemos a traballar.  Qué felices ó rematalos. E agora só falta probalos!

Obradoiro "Ecobechos" de compostaxe e reciclaxe de lixo.

Imagen
 O pasado luns asistimos no cole a un obradoiro sobre compostaxe e reciclaxe do lixo. No obradoiro, "Ecobechos" tamén nos contaron moitas cousas sobre os diferentes bechos que traballan na composteira para preaparar esa terra tan preciada e ata máxica, o COMPOST. Todo o aprendimos a través de diferentes historias, bonecos e obxectos do máis variopintos.

Experiencia Wellness na escola

Imagen
  A semana pasada desfrutamos na escola dun obradoiro de "wellness" ou o que é o mesmo benestar persoal e relaxación. A persoa encargada de impartilo levou a cabo diferentes propostas: manipulamos diversos obxectos e materiais, fixemos algún xogo, practicamos a respiración e a relaxación coa escoita activa dalgúns sons característicos e tamén puidemos explorar e facer soas algúns deses instrumetnos.

Saída ao museo de Pontevedra

Imagen
A semana pasada, fixemos unha saída ao Museo de Pontevedra. Antes fixemos unha boa camiñata polo casco vello da cidade, deténdonos nalgunhas das súas prazas e rúas máis emblemáticas.  Tamén fixemos unha parada no parque para descansar e merendar.               No museo, puidemos desfrutar dunha visita guiada en torno á obra de CRISTÓBAL GABARRÓN, na que os elementos naturais eran os protagonistas das diversas creacións: barcos feitos con elementos mariños, cantos rodados e pedras diveras con pinturas abstractas, máscaras feitas con cortezas de árbores e outros elementos naturais.... Foi un día estupendo no que desfrutamos un montón!