Entradas

Mostrando entradas de noviembre 14, 2022

Algúns momentos da xornada

Imagen
Queremos contarvos algunhas cousiñas. Esta semana comezamos co leite nas merendas. Cada nenos/a trouxo a súa taza e cun pouco de colacao o leite templado estaba riquísimo. Tamén dimos comezado a sesión semana de tablets. Estamos a traballar con xogos educativos nos que asociamos e relacinamos, observamos, discriminamos cores, formas, números....e precisamos da motricidade fina para levar a cabo algunhas actividades táctiles de arrastrar e encaixar. Tamén vos amosamos fotos algúns momentos da xornada de traballo individual, grupal, de xogo libre e por recantos... -Recortando palabras para asocialas logo e pegalas co debuxo correspondente. -Decorando follas de árbores con rotuladores e témpera sólida. -Clasificando as vogais en cinco grupos. -Creando libremente coas regletas. -Xogando no recanto da casiña. -Creando libremente co material de refugallo e as castañas.