Entradas

Mostrando entradas de abril, 2026

Celebramos o día do Libro cos Apadriñamentos Lectores

Imagen
   O xoves 23 celebramos no cole o día Mundial do Libro.  Ademáis dunha exposición na entrada, cos nosos libros favoritos, que todavía se irá completando nestes días,  tamén participamos na nosa actividade favorita, os "APADRIÑAMENTOS LECTORES".  Lemos todos xuntos no patio da escola, lendo os máis grandes aos máis pequenos. 

Un Mundo de Bechos inundou o vestíbulo

Imagen
Este venres visitounos Miguel, un biólogo especialista en zooloxía, e apaixonado dos bechos. Despois dunha breve introducción sobre as características básicas dos artrópodos, puidemos ver moi de cerca e tocar toda a bichería da que nos ía falando.  Empezamos polo BECHO PAO e así puidemos aclarar moitas dúbidas e facer moitas pregutnas para poder coidar mellor aos nosos.                                BECHO FOLLA    SALTÓN  MANTIS  BOLBORETA  ESCORPIÓN  ARAÑA  CANGREXO DE BOSQUE  MILPÉS  Foi babuloso, desfrutamos un montón e descubrimos cousas moi interesantes sobre estes bechos.

Retomamos as clases con dúas funcións teatrais!

Imagen
  Este martes asistimos a unha función de monicreques nas instalacións de Afundación.  A obra, titulada, "Vuelapluma", achegou aos nenos e nenas a valores tan importantes como o respeto e o coidado da natureza.  Ademáis, foi moi divertida e sacou moitas risas de todos nós.  E o mércores, visitounos Zeltia, do programa "Donas de sí". Ela coordinou e dirixiu a alumnado voluntario de 5º e 6º para levar a cabo unha función de monicreques, tamén do máis diverida. A temática trataba sobre a Igualdade de Xénero e saíron moitas cuestións interesantes que nos fixeron reflexionar e falar sobre o tema.