Entradas

Mostrando entradas de octubre 8, 2023

Xoves e venres de outono (Infantil 1 e 2)

Imagen
  No xoves fixemos unha degustación de froitos do outono. Moitos deles, como a mazá, a pera, a laranxa e a mandarina, xa os coñecíamos, pero outros como as feixoas, figos ou o  mango algúns foi a primeira vez que o probamos. Xa na hora da merenda, rematamos todos aqueles que nos sobraran na cata. Os froitos que máis gustaron foron o mango, a castaña cocida, a pera, a mandarina e os que menos o pomelo e o figo. No VENRES participamos nunha "instalación artística de transformación" que as mestras montaron cos elementos naturais que recollimos na saída do luns. Cando entramos no ximnasio nos atopamos con algo moi chulo, e durante uns minutos andivemos ó redor desta instalación, polo medio con coidadiño.... E pouco a pouco fomos interactuando con ela ata ir transformándoa.  Pasamos por unha primeira fases de "destrucción" da obra, quitando elementos, lanzando as follas polo aire, movendo cousas do sitio... Para logo, máis adiante e dun modo máis guiado ir creando nós me