Entradas

Mostrando entradas de marzo 12, 2026

VISITOUNOS UNHA BOMBEIRA FORESTAL POLO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Imagen
  Este ano, para conmemorar o Día Internacional da Muller, invitamos a unha bombeira forestal.  Paula contounos moitas cousas sobre a súa profesión, unha profesión de valentes traballadores e traballadoras. Tamén nos quedou claro que teñen que ter bastante forza e resistencia para poder levar enriba todo o equipo que levan cando van apagar un lume no monte. Mostrounos algunhas das súas "ferramentas"- casco con cobrenucas, botas, batelumes, gorgui, chaleco e moitas cousas máis. Contounos todas as cousas que fai: coidar e limpar o monte, queimas controladas, apagar lumes pequenos e grandes, ensinar a moitas outras persoas e nenos e nenas o importante que é coidar a nosa contorna.   Invitounos a visitar un día o heliporto. De seguro que o faremos!!