Entradas

Mostrando entradas de enero 24, 2023

MARIONETAS DAS LETRAS

Imagen
  Neste trimestre cada semana coñecemos unha nova letra do abecedario e os de 4 anos cubrimos o noso libriño das letras, con debuxos de cousas que comezan por esa letra e coa escrita libre desas palabras. Ademáis, confeccionamos un pequeno títere de pau, o que aumenta a motivación e recordamos mellor o seu nome. Co F fixemos títeres de focas e flamencos. Ademáis, aprendimos unha pequena rima xesticulada, que levamos anotada no reverso para poder recitala en casa e que nos axuden si non recordamos. Esta semana fixemos o da S, cunha serpe.  Tamén cada semana, vemos algún video curto e interesante sobre os animais dos que fixemos os títeres. Co E descubrimos cousas do elefantes, co F, das focas e co S das serpes, sobre todo as velenosas.