MARIONETAS DAS LETRAS
Neste trimestre cada semana coñecemos unha nova letra do abecedario e os de 4 anos cubrimos o noso libriño das letras, con debuxos de cousas que comezan por esa letra e coa escrita libre desas palabras.
Ademáis, confeccionamos un pequeno títere de pau, o que aumenta a motivación e recordamos mellor o seu nome.
Co F fixemos títeres de focas e flamencos.
Ademáis, aprendimos unha pequena rima xesticulada, que levamos anotada no reverso para poder recitala en casa e que nos axuden si non recordamos.



Comentarios
Publicar un comentario