Entradas

Mostrando entradas de marzo 23, 2023

Inventamos e recreamos unha nova para a Semana da Prensa

Imagen
 Hai dúas semanas foi a semana da PRENSA.  Na clase recibimos unha carta da polbo Daría, na que nos pedía colaboración para crear unha noticia. Algo que nos gustaría que sucedese e aparecese no xornal. De entre as ideas que saíron, a que máis gustou foi a de Hugo:  "Construirán un xigantesco parque acuático en Monteporreiro". Pensamos e falamos sobre como nos gustaría que fose ese parque acuático: cantos tobogáns, piscinas, xogos, edificios.....e ademáis Ánxela propúxonos que creásemos un parque acuático, con distintos materiais que temos no recanto de refugallo e elementos naturais. Así nos quedaron: Unha vez rematados e fotografiados, tivemos que decidir cal nos gustaba máis para acompañar ao texto da nova do xornal.  Así que pedimos aos compañeiros de 5 anos e a algúns mestres e mestras que viñesen a  votar cal lles gustaba máis ou se lle parecía máis a un parque acuático. Cada votante tiña que colocar un pauciño ou depresor ó lado da creación que lle gustaba. O que máis v