Inventamos e recreamos unha nova para a Semana da Prensa



 Hai dúas semanas foi a semana da PRENSA. 


Na clase recibimos unha carta da polbo Daría, na que nos pedía colaboración para crear unha noticia. Algo que nos gustaría que sucedese e aparecese no xornal.


De entre as ideas que saíron, a que máis gustou foi a de Hugo:

 "Construirán un xigantesco parque acuático en Monteporreiro".

Pensamos e falamos sobre como nos gustaría que fose ese parque acuático: cantos tobogáns, piscinas, xogos, edificios.....e ademáis Ánxela propúxonos que creásemos un parque acuático, con distintos materiais que temos no recanto de refugallo e elementos naturais.












Así nos quedaron:






Unha vez rematados e fotografiados, tivemos que decidir cal nos gustaba máis para acompañar ao texto da nova do xornal. 


Así que pedimos aos compañeiros de 5 anos e a algúns mestres e mestras que viñesen a  votar cal lles gustaba máis ou se lle parecía máis a un parque acuático.





Cada votante tiña que colocar un pauciño ou depresor ó lado da creación que lle gustaba.

O que máis votos recibiu foi este.

















Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín