Saída á panadería Acuña
Antes de dar comezo ás vacacións fixemos unha saída todos os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de primaria. Visitamos a Panadería Acuña, que está na Avenida de Vigo. Aquí teñen o forno e preparan todo o que logo se vende nas distintas pastelerías e panaderías. Ó baixar do autobús, camiñamos un trociño ata chegar aló. Ó chegar, Jacobo, que foi o que se encargou da visita, repartiu gorros para todos nós e comezou ensinándoos o lugar onde gardan os sacos de fariña, de sal e tamén a levadura. Puidemos tocar e cheirar a levadura e a algúns de nós non nos gustou moito como cheiraba. Ensinounos como fan as empanadillas E tamén as empanadas, e fixo el mesmo unha de atún e ovo. Tamén descubrimos que hoxe en día xa non estiran as masas con rodillo senon que teñen unha máquina como a da foto que as estira en dous segundos. Tamén nos mostrou como fan outros doces e pasteis, tartas.... E por suposto, o pan!! A punto de meter no forno e... recén saído....p...