Retomamos as clases con dúas funcións teatrais!
Este martes asistimos a unha función de monicreques nas instalacións de Afundación. A obra, titulada, "Vuelapluma", achegou aos nenos e nenas a valores tan importantes como o respeto e o coidado da natureza. Ademáis, foi moi divertida e sacou moitas risas de todos nós. E o mércores, visitounos Zeltia, do programa "Donas de sí". Ela coordinou e dirixiu a alumnado voluntario de 5º e 6º para levar a cabo unha función de monicreques, tamén do máis diverida. A temática trataba sobre a Igualdade de Xénero e saíron moitas cuestións interesantes que nos fixeron reflexionar e falar sobre o tema.