Entradas

Mostrando entradas de mayo 4, 2025

Despedimos a Nerea, a profe de prácticas

Imagen
  Parece que foi onte cando Nerea, a mestra de prácticas comezaba a súa aventura, e  sin embargo este mércores 30 a despedimos pq xa rematou todo este tempo de aprendizaxe e experiencias. Sabemos que Nerea aprendeu e desfrutou un montón e lle quixemos facer unha despedida acorde con todo este tempo de experiencias compartidas e moita ilusión.  Os nenos e nenas a debuxaron e lle escribiron os seus sentires e todo o plasmamos nun libriño. Ademáis tamén debuxaron e estamparon as súas mans nun mandilón.   Desexamos Nerea que este sea o comezo dun longo percorrido polo mundo do ensino, co que sexas moi moi feliz.

Participamos nunha instalación artística de transformación

Imagen
 Nesta semana participamos nunha instalación artística moi relacionada co proxecto do mar. A mestra de prácticas, Nerea, a deseñou e preparou todos os elementos necesarios participar nela.  Contou ademáis con traballos feitos polos propios nenos e nenas ó logo destes meses relacionados co proxecto do mar e ademáis tamén inclui recantos nos que eles puideran pintar e reflexar en papel algunhas das súas creacións orixinadas desta interacción.  Foi unha experiencia increíble que non deixou a ninguén indiferente; cadaquen participou nun diálogo coa arte e a expresividade, unha linguaxe fundamental para o desenvolvemento integral.