Entradas

Mostrando entradas de marzo 9, 2024

Obradoiro de galletas seguindo unha receita marroquí.

Imagen
  Neste mes andamos de viaxe por Marrocos. Entre algunhas das súas comidas típicas, descubrimos que tanto os froitos secos, como as especias como o mel, o utilizan con frecuencia nelas.  Nesta ocasión participamos nun obradoiro de galletas, seguindo unha receita marroquí.

Seguindo con Pollock, pintamos cadros con canicas e témperas de cores

Imagen
  Seguimos a experimentar con diferentes materiais e técnicas. Noutra sesión de arte probamos a pintar nun folio dentro dunha caixa de zapatos. Utilizamos canicas e témperas de cores. Movendo a caixa, axudamos a que as canicas se empapen de pintura e fagan os seus percorridos con ela, creándose así as nosas obras de arte.  Desfrutamos un montón da actividade e comprobamos que todos podemos ser creativos e artísticos con pouca cousa.