Entradas

Mostrando entradas de febrero 10, 2023

Os mandadiños da polbo Daría

Imagen
 Hoxe chegou a clase unha carta da polbo Daría contándonos que ten uns mandadiños polo Entroido para nós. Así que fomos a buscala para enterarnos un pouco máis de que eran iso dos "mandadiños". Seica o luns temos que traer algo na cabeza.... Pois a ver que nos depara o luns....!!

Plantamos cenorias, leituga e espinacas.

Imagen
 No colexio temos unhas xardineiras estupendas nas que todos os compañeiros plantaron diferentes vexetais e herbas aromáticas. Nós prantamos sementes de cenoria, leituga e espinacas. Observamos, cheiramos e tocamos as distintas sementes antes de marchar para a horta. Xa na horta, fomos facendo buratiños na terra dos maceteiros, para meter dentro as sementes. Tamén deixamos postos uns carteis cos nomes das tres plantacións. Periódicamente iremos a regalas e observar os cambios. Noutra sesión, na clase plantamos alubias brancas  nuns vasiños con algodón. Unha vez metida a alubia no algodón, humedecimos ben e logo colocamos todos os vasos preto da luz natural. Iremos observando os cambios que se produzan.