Entradas

Mostrando entradas de marzo 17, 2024

Investigamos sobre os gatos en Infantil 2

Imagen
Comezamos un pequeno proxecto de investigación sobre os gatos.  Polo momento falamos do que sabemos, os nosos coñecementos previos. Tamén do que nos gustaría saber e aprender e onde buscar a información.  Un dos lugares suxeridos foi nas nosas casas preguntando ás familias.   Hugo buscou coa súa nai e mandáronnos polo correo electrónico fotos de gatos e unha información sobre as súas horas de sono.  Xian tróuxonos unha foto dun gato que tivo a súa nai hai anos.  E Leyre trouxo un conto sobre animais domésticos, entre eles o gato.  Así que no noso mural do proxecto iremos anotando os nosos descubrimentos. Un día ademáis, apareceu na clase un montonciño de libros cunmha carta da polbo Daría, que como se enterou de en que andamos a enredar, buscou algúns libros informativos sobre os gatos para nós.  Ademáis, o venres, que subimos á biblioteca, tamén buscamos e atopamos algúns, que levamos para clase para poder consultalos.  Estamos creando o noso recanto do proxecto, cunha pequena bibliot