Entradas

Mostrando entradas de enero 22, 2023

COMEZAMOS COAS MOCHILAS VIAXEIRAS!!

Imagen
 A semana pasada, cando subimos á biblioteca, atopámonos con algo que era para nós, xa que estaba acompañado dunha nota co nome da nosa aula. Era unha mochila chea de libros e a profe contounos que era una MOCHILA VIAXEIRA e se chamaba así porque viaxaría con cada un de nós ás nosas casas. A primeira en levala a casa foi Leyre  A ela o conto que máis lle gustou foi o de "Caramuñas". A seguinte en levar a mochila este venres foi Noha. Xa nos contará á volta cal lle gustou a ela.