COMEZAMOS COAS MOCHILAS VIAXEIRAS!!

 A semana pasada, cando subimos á biblioteca, atopámonos con algo que era para nós, xa que estaba acompañado dunha nota co nome da nosa aula.


Era unha mochila chea de libros e a profe contounos que era una MOCHILA VIAXEIRA e se chamaba así porque viaxaría con cada un de nós ás nosas casas.


A primeira en levala a casa foi Leyre 


A ela o conto que máis lle gustou foi o de "Caramuñas".


A seguinte en levar a mochila este venres foi Noha. Xa nos contará á volta cal lle gustou a ela.











Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín