Celebrando o día da PAZ
Para conmemorar o día da PAZ, na aula traballamos a partir do conto "O peixe Arco da Vella" do que xa vos falamos noutra entrada, que destaca o valor de compartir e o ben que nos sentimos cando o facemos, comprobando o feliz que podemos facer a alguén con este simple xesto. A partir desta lectura xurdiu a proposta de "reflexionar" e "dialogar" sobre como son os nosos compañeiros/as. Características físicas e tamén persoais e en positivo. E ademáis de observalos, describilos e debuxalos, tamén con todas esas características confeccionamos un acróstico coas palabras que os describen. Nunha próxima entrada vos contaremos e amosaremos os diferentes acrósticos. Ademáis, no corredor da entrada hai un enorme mural feito pola mestra e os nenos de 6º de Infantil. Outro día observamos que no corazón do medio había pegadas palabras bonitas e positivas que os nenos de 5 anos pensaran e escribiran para encher ese gran corazón con moita positividade e bos sentiment...