Entradas

Mostrando entradas de octubre 16, 2022

Estreamos blogue na aula mixta de 3 e 4 anos!!

Imagen
 Xa levamos ben comezado o curso e a partir de agora teremos unha nova canle a través da que mostrar algunhas das actividades que levamos a cabo. Na nosa aula somos 12 alumnos de 3 e 4 anos e a nosa profe é Ánxela. Temos unha foto de grupo que vos queremos mostrar, pero como acabamos de ter unha nova incorporación, en canto a teñamos actualizada a publicaremos. Non é doado coincidir todos no mesmo día pois sempre hai algunha ausencia así que tende paciencia! Na aula nos primeiros días, fixemos algúns xogos colectivos, bailes, e actividade, exploramos os distintos recantos e zonas cos seus materiais, pintamos....  Nos fixemos fotos xunto cos compañeiros para un mural de benvida que pintamos e decoramos entre todos e no que aparecían tamén os nosos nomes. Nel pegamos as nosas fotos e estampamos con témperas de cores as pegadas das nosas mans. Como estivemos traballando en torno ao conto "O polo Pepe", fixemos algunhas actividades relacionadas como pintar ao polo Pepe, pegar as