Coa primavera todo se enche de cor
Dende que chegou a primavera, estivemos inmersos en multitude de actividades e propostas moi divertidas e didácticas: coñecimos os nomes de diferentes flores, aumentando o noso vocabulario (algunhas delas incluso as atopamos nas nosas andainas nos arredores do cole), coloreamos, pintamos, creamos cadros de flores con diferentes técnicas artísticas, escribimos sobre as flores, aprendimos rimas e poesías desta estación...fixemos marcapáxinas con motivos florais, decoramos as xanelas con flores e bolboretas....incluso tivemos e temos algunhas destas flores e prantas na clase.