Entradas

Mostrando entradas de junio 29, 2023

Coñecemos algunha obra de Joan Miró

Imagen
 A través dun breve video descubrimos a este autor e tamén vimos moitas das súas obras, no ordenador. Nelas descubrimos que lle gustaba pintar animais do mar, ademáis de todo tipos de animais, e os seus ollos. Tamén a natureza e o sistema solar, os planetas, o sol, a lúa.... A partir da súa obra Serie Azul, que primeiro observamos e analizamos reflexionando sobre o que veiamos no cadro e o que nos suxería ou recordaba, cada quen fixo a súa obra inspirada nesta.  E logo ademáis engadiu elementos típicos dos cadros de Miró. E así quedaron as nosas obras. Noutra sesión levamos a cabo unha pequena transformación dunha das obras de Miró. A observamos,vimos as cores, pensamos a que nos recordaba ou semellaba, descubrimos o título e logo, cada quen volveu a crear a obra, pero a partir de pedaciños da mesma que podía pegar como quixera, creando algo totamente distino. Para finalizar, pensamos nun título.