Entradas

Mostrando entradas de octubre 20, 2022

Algunhas actividades moi otoñais

Imagen
  Seguimos a participar en experiencias e propostas relacionadas coa estación do outono. A semana pasada levamos a cabo unha "cata de froitos do outono", xunto cos compañeiros de 5 anos. Estaba todo riquísimo! uvas, peras, noces, arándanos, caqui, maiciños, ..... Coa chegada do outono tiñamos que ambientar un pouco a clase así que nos puxemos mans á obra cun novo mural.  Pintamos con esponxas e témpera marrón unha árbore espida e puxemos cor a follas de castiñeiro para ir enchéndo o mural.  Ademáis tamén pegamos follas reais desta árbore. Na actividade de arte da semana pasada, creamos cadros estampando con papel burbulla (que estaba pegado en rolos de papel hixiénoco), e coas cores do outono que consensuamos entre todos en diálogos previos: amarelo, laranxa, marrón, vermello e verde. Completamos o noso cadro cunha foto nosa lanzando as follas do outono. Tamén visitamos o recanto do outono da escola, que está preciosísimo cheo de moitos elementos naturais e no cal puidemos ve