8M DÍA DA MULLER
8M. DÍA DA MULLER O 8 de marzo celebramos un día moi importante para a nosa sociedade: O DÍA DA MULLER. No cole todas as nenas e nenos levamos a cabo unha serie de actividades para poñer en valor a igualdade entre homes e mulleres. Quixemos aproveitar o tema do noso proxecto de centro: "O MAR" e invitamos a FINA, unha mariscadora xa xubilada, para que nos falase sobre a súa profesión. Así soubemos da dureza deste traballo, das ferramentas que usan, da vestimenta, e da evolución das condicións laborais dende tempos pasados ata hoxe. Foi ben interesante a charla e aprendemos moito, moito. A partires de fotos que amosan diferentes momentos do traballo de mariscadora, nós na aula, fomos escribindo palabras relacionadas con esta actividade. Entre todas as nenas e nenos do cole, confeccionamos un mural que colocamos na entrada do Centro. Nel poden verse as actividades que se fixeron nos diferentes cursos. Finalmente, as nenas e nenos da e...