Entradas

Mostrando entradas de abril 14, 2023

Chegou a primavera á nosa aula

Imagen
 No noso calendario dixital temos marcado o comezo da primavera. Tamén no da aula o marcamos cun icono dunha flor. Xa metidos noutra estación, desfixémonos da nosa árbore do inverno e despois de dialogar sobre como decorar ese espazo, puxémomos a traballar para logralo. Nunha sesión de arte pintáramos libremente coas témperas de cores e cando secaron, utilizamos ese fondo para pegar nel flores que pintamos con ceras. Tamén pintamos unhas flores xigantes que a profe debuxou, coas que tamén decoramos esa zona. Ademáis tamén pintamos flores coas mans para o mural da primavera do corredor no que participaron o resto de compañeiros. Noutra sesión estampamos con botellas de plástico, facendo flores coas estampacións.