Entradas

Mostrando entradas de mayo 8, 2023

Aniversario de Maryam- 5 anos!

Imagen
 O 24 de abril estivo de aniversario Maryam.  Cumpriu 5 anos! Nese día tamén celebramos o día do Libro coas lecturas conxuntas cos maiores así que foi un día moi animado para a nosa compañeira. Parabéns Maryam!!

Celebramos o día do libro

Imagen
 Na semana do día do Libro levamos a cabo algunhas actividades. Os compañeiros de 5 anos, nos explicaron por que se celebra esta data e nos amosaron o seu mural de Don Quixote e nos contaron moitas cousas interesantes. Ademáis, cada un de nós falounos do seu libro ou conto favorito: Polo Pepe, Cocorico, Carapuchiña, Os tres porquiños, A cebra Camila, Caramuñas, e historias de Barbie foron os escollidos. Pintamos as portadas destes contos e tamén fixemos a nosa versión. Días despois se pendurarían todos polo colexio. Tamén preparamos uns marcapáxinas para agasallar aos nosos "padriños lectores", que o 24 de abril nos leron a cada un de nós un conto. E tamén recibimos a visita da nai de Sofía e de Ángel, de 5 anos, que viñeron contarnos contos. Desfrutamos moito pois nos gustan moitísimo os contos así que desexando que outras familias se animen tamén a visitarnos!