Entradas

Mostrando entradas de octubre 7, 2026

Xa empezamos o cole! Construíndo espazos e momentos.

Imagen
Nestas semanas andivemos moi atarefados volvendo ás distintas rutinas, espazos, tempo e adaptándonos tamén ós novos mestres e compañeiros, xa que temos dúas novas compis no grupo de 5 anos, Reyan e Ainoha. Cada día ó entrar, levamos a cabo unha serie de rutinas, que desenvolve o encargado, que nos axudan a centrarnos no día e no que imos facer.  No primeiro día fixemos un xogo a partir do conto dunha xoaniña, e debíamos levar a cabo unhas probas con accións coidadosas cara algún compañeiro (dar unha aperta, chocar as cinco, dicirlle algo bonito), e estaban agochadas en xoaniñas de chocolate. Tiñamos que superar as probas para conseguilas. Foi moi divertido!  Nas rutinas facemos algúns xogos e actividades, como o recanto da palabra favorita, que o levan a cabo os compañeiros de 5 anos.  Buscamos e colocamos as tarxetas correspondentes ao día da semana, día do calendario, tempo atmosférico, estación e ano.  Contamos cantos nenos e nenas hai na clase, diferenciando en q...