Entradas

Mostrando entradas de mayo 23, 2026

Romaría polas Letras Galegas

Imagen
O pasado venres celebramos o día das Letras Galegas, que homenaxeaba a Begoña Caamaño, cunha romaría no monte, nunha carballeira que temos moi pretiño do cole, nas instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe.  Nas aulas, neses días estivemos a coñecer a esta autora e lemos os carteis que están distribuídos polo colexio, coa súa biografía.                           Xa na carballeira, comemos empanada, tortilla, bica, tarta de Santiago.... bailamos, corremos, xogamos... Foi un día xenial no que o tempo acompañou!  

Participamos na actividade do Correlingua

Imagen
Este xoves 21 participamos no Correlingua, actividade  a través da cal se quere poñer en valor a nosa lingua e coa que se participa tanto nunha andaina pola cidade como nun concerto en música galega; nesta ocasión, a cargo do grupo Sniffandcrash.  Baixo o lema "Co galego no corazón, facemos a revolución" camiñamos pola cidade ó son de gaitas e tambores e repetindo esta frase tan inspiradora. Cada persoa participante levamos un cartel ilustrado e decorado cunha palabra en galego. No noso centro escollimos palabras relacionadas co noso proxecto e en infantil nomes de animais que viven no bosque e no campo.  Tamén confeccionamos na escola uns instrumentos de percusión para acompañar a festa: en infantil fixemos unhas castañuelas con cartón e macarróns e unhas maracas. Este ano ademáis visitounos un dragón moi especial, que en vez de botar lume botaba auga e a verdade que coa calor que facía, sentounos de maravilla mollarnos.              ...