Entradas

Mostrando entradas de marzo 19, 2026

Na procura dos fósiles de dinosaurios!

Imagen
  Este mércores participamos nunha actividade do máis divertida.  Como estivemos coñecendo a biografía da paleontóloga Mary Anning, con motivo do día da Muller, pareceunos fascinante iso de buscar fósiles así que as profes organizaron unha procura dos mesmos no areiro do cole.  A semana anterior a esta proposta, fixemos nas aulas os dinosaurios que logo atoparíamos ocultos. Fixémolos con xeso e auga e cando secaron pintámolos de diferentes cores.  Os fósiles que atopaba Mary Anning eran sobre todo en fondos mariños. Así que non foi extrano que tamén atopásemos cunchas de todo tipo. E así, retrocedemos no tempo e convertímonos en paleontólogos e paleontólogas.  A proposta foi todo un éxito e desfrutamos un montón coa búsqueda.