Na procura dos fósiles de dinosaurios!

 

Este mércores participamos nunha actividade do máis divertida. 

Como estivemos coñecendo a biografía da paleontóloga Mary Anning, con motivo do día da Muller, pareceunos fascinante iso de buscar fósiles así que as profes organizaron unha procura dos mesmos no areiro do cole.

 A semana anterior a esta proposta, fixemos nas aulas os dinosaurios que logo atoparíamos ocultos. Fixémolos con xeso e auga e cando secaron pintámolos de diferentes cores.










 Os fósiles que atopaba Mary Anning eran sobre todo en fondos mariños. Así que non foi extrano que tamén atopásemos cunchas de todo tipo.

E así, retrocedemos no tempo e convertímonos en paleontólogos e paleontólogas. 

A proposta foi todo un éxito e desfrutamos un montón coa búsqueda. 









Comentarios

Entradas populares de este blog

Participamos nunha instalación artística de transformación

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Coa primavera todo se enche de cor