Entradas

Mostrando entradas de mayo 27, 2026

Algúns traballiños de primavera

Imagen
  Desde a volta das vacacións de Semana Santa, xa metidos na primavera, andivemos moi ocupados decorando o vestíbulo, as portas e as clases con motivos primaverais.  Na clase dos maiores, de 5 anos, decoraron a súa porta dun xeito espectacular: moi colorida e con moito traballo minucioso onde as habilidades de motricidade fina tiveron un papel importante: cortaron fieltro, para facer insectos, arrugaron, rasgaron, pintaron con diferentes técnicas, crearon en plastilina bechos, flores...e quedoulles unha porta moi moi artística e primaveral.  Estes rapaces e rapazas  son uns artistas!! A zona de árbores tamén a encheron de bechos variados feitos con plastilina.  Na clase dos de 3 e 4 tamén andiveron a argallar unha nova porta. Deixaron a choiva e cambiaron os tronos por soles e así de súpeto apareceu un enorme arco da vella que eles se encargaron de pintar. Tamén decoraron unhas flores con moito xeito.  Ademáis, puxéronse mans á obra cun novo mural, cheo de ...

Os castiñeiros están a medrar!

Imagen
  Como contamos en anteriores entradas, tiñamos os nosos castiñeiros plantados en macetas na entrada do cole, por motivo do tempo.  Agora creceron e chegou o momento de plantalos no exterior. Ó rematar deixamos todo regado e teremos que volver pronto xa que vai moita calor. O luns fomos buscar o lugar apropiado e onte martes, xa escollido o sitio, fomos coas nosas palas, sachos e regadeiras a trasplantalas. Plantamos polo menos 10 castiñeiros!