Entradas

Mostrando entradas de noviembre 25, 2022

Experimentando coas follas

Imagen
 Esta semana levamos a cabo un pequeno "experimento" con follas de árbores. Clasificadas as follas por cores, por parellas cortamos pedaciños de cada cor, verde, marrón, vermella, laranxa e amarela e eses pedaciños os fomos metendo nun tarro de cristal. Despois a profe Ánxela botou en cada tarro alcohol e tivemos que remenxer cun pauciño e machucar un pouco as follas. Tapamos os tarros e quedaron un rato en repouso e ó vir do recreo, metimos en cada tarro varias cartolinas brancas. Falamos e pensamos sobre o que sucedería coas cartolinas e que nos atoparíamos ó día seguinte ó volver á escola. -Un compañeiro dixo que sairía o arco da vella nas cartolinas. A razón, porque era unha boa teoría e a el lle gustaría que sucedese. -Outro compañeiro dixo que igual se transformaban en boliñas todas as cartolinas. -Outra compañeira dixo que seguro que o arco da vella estaría tanto nas cartolinas como nas follas do tarro. O caso é que ao resto de compañeiros lles encantou a teoría do arc