Entradas

Mostrando entradas de mayo 10, 2026

Creando con material natural e de refugallo

Imagen
  Nas aulas de infantil temos variado material natural e tamén de refugallo que utilizamos para manipular e trasvasar, contar, agrupar, seriar, clasificar,, crear libremente, crear seguindo propostas, ideas e modelos. Tamén facemos mandalas. Aquí vos mostramos algunhas delas.

Así crecen as nosas plantas!!

Imagen
Levamos un curso de moita choiva e hai uns meses optamos por plantar dentro da escola, ata a chegada da primavera e que mellorase o tempo. Plantamos flores na celebración do día da Paz e tamén tiñamos algunhas castañas e sementes de cabaza e mirade como están agora mesmo!  Encántanos pasar todas as semanas a observalas e ver o que van cambiando.  Tamén brotaron estas dúas, ademáis das que vos mostramos antes. Seguro que crecerán tanto como elas e atoparémoslles o seu lugar no noso patio.