Así crecen as nosas plantas!!

Levamos un curso de moita choiva e hai uns meses optamos por plantar dentro da escola, ata a chegada da primavera e que mellorase o tempo.

Plantamos flores na celebración do día da Paz e tamén tiñamos algunhas castañas e sementes de cabaza e mirade como están agora mesmo! 

Encántanos pasar todas as semanas a observalas e ver o que van cambiando.





 Tamén brotaron estas dúas, ademáis das que vos mostramos antes. Seguro que crecerán tanto como elas e atoparémoslles o seu lugar no noso patio.




Comentarios

Entradas populares de este blog

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Participamos nunha instalación artística de transformación

Así nos foi neste primeiro mes en Infantil 3 e 4 anos!