Entradas

Mostrando entradas de febrero 18, 2026

Festa do Entroido

Imagen
  O venres 13 celebramos o Entroido na escola. Debido á choiva, o desfile e a merenda de postres típicos, levouse a cabo dentro da escola, na primeira planta.  Os disfraces os estivemos preparando nos días previos, no noso obradoiro con familias e educadores. Incluso viñeron irmáns e algún compañeiro/a de primaria que quixo botar unha man. Nunha entrada anterior volo contamos. Ademáis, eses días tamen participamos no "mandadiño".  Un día viñemos con follas na cabeza, outro con flores pintadas.. ..ata de criaturas máxicas dos bosques...  Nestes días tamén coñecimos disfraces típicos dalgúns lugares de Galicia: peliqueiro, cigarrón, pita, boteiro, madamas...estamos todos fascinados con tanta tradición que temos co Entroido.  Tamén  decoramos o corredoiro con cigarróns e pantallas.    Pasámolo todos xenial, esperamos que nestes días de Entroido vós tamén desfrutárades moito!

Obradoiro de disfraces

Imagen
Este ano o noso disfraz, relacionado coa temática de centro, foi de esquíos.  Previamente fixemos unha choiva de ideas nas aulas, para ver que opinaban os nenos e nenas e que ideas daban sobre posibles disfraces relacionados cos bosques e árbores. Saíron propostas como: follas, árbores, lobos, osos, esquíos, noces, castañas, landras... E finalmente nos decidimos polos esquíos. Como vimos facendo noutros cursos anteriores, invitamos a familias e educadores a participar na confección dos traxes e entre luns e martes en diferentes horarios, conseguimos telos todos listos para o día do desfile, que foi o venres 13.  Aqui vos deixamos algunhas fotos de proceso.  A máscara a fixemos na clase eses días.  E así de chulo nos quedou o disfraz de esquiu.  Grazas pola axuda e colaboración!!