Festa do Entroido
O venres 13 celebramos o Entroido na escola. Debido á choiva, o desfile e a merenda de postres típicos, levouse a cabo dentro da escola, na primeira planta.
Os disfraces os estivemos preparando nos días previos, no noso obradoiro con familias e educadores. Incluso viñeron irmáns e algún compañeiro/a de primaria que quixo botar unha man. Nunha entrada anterior volo contamos. Ademáis, eses días tamen participamos no "mandadiño".
..ata de criaturas máxicas dos bosques...
Nestes días tamén coñecimos disfraces típicos dalgúns lugares de Galicia: peliqueiro, cigarrón, pita, boteiro, madamas...estamos todos fascinados con tanta tradición que temos co Entroido.








Comentarios
Publicar un comentario