Este ano o noso disfraz, relacionado coa temática de centro, foi de esquíos. Previamente fixemos unha choiva de ideas nas aulas, para ver que opinaban os nenos e nenas e que ideas daban sobre posibles disfraces relacionados cos bosques e árbores. Saíron propostas como: follas, árbores, lobos, osos, esquíos, noces, castañas, landras... E finalmente nos decidimos polos esquíos.
Como vimos facendo noutros cursos anteriores, invitamos a familias e educadores a participar na confección dos traxes e entre luns e martes en diferentes horarios, conseguimos telos todos listos para o día do desfile, que foi o venres 13.
Aqui vos deixamos algunhas fotos de proceso.

A máscara a fixemos na clase eses días.
E así de chulo nos quedou o disfraz de esquiu.
Grazas pola axuda e colaboración!!
Comentarios
Publicar un comentario