Entradas

Mostrando entradas de noviembre 29, 2023

Celebración do 25 N e Contacontos de Polo correo do vento

Imagen
  A semana pasada participamos xunto co resto do alumnado, na conmemoración do día Internacional da eliminación da Violencia contra as mulleres.  Nas aulas de infantil estivemos traballando cos contos "Arturo e Clementina" e "O chubasqueiro de Aurora".  Pensamos xuntos, dialogamos, debuxamos e deixamos expostos os nosos traballos nunha grande mural, que entre todos e todas fomos enchendo de bos desexos para un mundo mellor, libre de violencia.  Días antes desta data tamén poidemos desfrutar dun contacontos que levou a cabo POLO CORREO DO VENTO, e no que tamén nos fixeron pensar sobre o importante que é levarse ben e arranxar os problemas que xurdan falando. E por suposto, nos recordaron algúns episodios da biografía e Daría González. Entre canción, conto e debuxos o pasamos de maravilla!!