Entradas

Mostrando entradas de mayo 4, 2026

Celebramos a Festa dos maios na escola

Imagen
O pasado xoves fixemos o noso propio maio na escola, colaborando todo o alumnado e profesorado.  En infantil encargámonos de facer dous longos colares de pampullos.  Os compañeiros de primaria encargáronse de cubrir toda a estructura con fiuncho e rematar de decoralo co resto de flores.                                                 E despois da hora de ler, xuntámonos todos e todas para cantar as coplas, cada curso a súa, mentres facíamos soar as clave.  Pasámolo xenial e para o curso que ven seguro que xa irá rodado agora que fixemos o primeiro!  Ó rematar, os nenos e nenas de 5 anos fixeron no patio unha mandala con todos os elementos naturais que sobraron; que ben o pasaron e que chula lles quedou!!