Entradas

Mostrando entradas de mayo 4, 2023

Experimento conxelación e pintamos con xeo de cores

Imagen
 O seguinte experimento que levamos a cabo na clase foi o da CONXELACIÓN. Establecimos diálogos en torno ao xeo, como conseguir que un líquido se volva xeo. Algún compañeiro suxeriu que necesitaba moito moito frío e que isto o atopamos no conxelador. Así que metimos no conxelador auga e tamén leite e pensamos se os dous lograrían conxelarse. Coa auga todos estivemos dacordo en que sí, pero co leite, algúns compañeiros dixeron que non se podía conxelar. Así que unha vez cheas as cubiteiras as levamos ao conxelador do colexio.  Tamén enchimos unha con auga de cores, que tinguimos con témperas. Ao día seguinte alá nos fomos a mirar o que sucedera. E descubrimos que tanto a auga como o leite se conxelaran. E por suposto a auga con témpera de cores. Parecían polos de distintos sabores!! Falamos tamén do que sucedería se os deixábamos na clase, sen meter de novo no conxelador. E acertamos na nosa hipótese, se derreterían. E cos xeos de cores, pintamos en papel, sen olvidar que era pintura e