Entradas

Mostrando entradas de noviembre 23, 2024

O magosto!

Imagen
  O 11 de novembro participamos na festa do magosto. Antes de comer as ricas castañas asadas, participamos nuns xogos que a profe de Educación Física organizou. Ademáis, días antes andivemos a preparar as nosas cestas para as castañas, que fixemos con bricks de leite, que pedimos a casa nunha nota. Cada quen escribiu libremente a nota. Pintamos follas que logo estampamos nun papel co que decoraríamos as nosas cestas. Tamén pintamos e recortamos castañas. Na festa pasámolo xenial, xa que participamos nos distintos xogos organizados, comimos as castañas e bailamos e xogamos todos xuntos. Tamén aprendimos rimas, poesías e cancións sobre o magosto.  Ademáis nunha xornada tamén cocimos as castañas nas clases, engadíndolle esa pranta que tanto aroma lle da, os anises.  Logo cando enfriaron as comimos todos xuntos no patio do recreo e estaban riquísimas.