PROPOSTA COS BLOQUES LÓXICOS
Nesta semana levamos a cabo unha proposta cos bloques lóxicos. Como facemos a veces, xogamos a describir algunhas das súas características: cor, forma, tamaño e a clasificalos. Logo a profe foinos pedindo a cada un que buscásemos un bloque determinado, cos atributos que ela nos dicía, de cor, forma e tamaño. Cada compañeiro/a tivo que buscar un bloque determinado e finalmente, acabamos creando de maneria conxunta unha composición, colocando cada quen a súa peza como quería. A única condición era que tiña que estar pegada algunha outra do xa creado. Entre todos/as pensamos en que podía ser a nosa creación, como por exemplo, unha serpe. A continuación, tamén por quendas, cada neno/a foi transformando esa creación noutra diferente. Ademáis, cada un dicía que era o que creou. LEYRE Unha casa ANAHÍ O coco NOHA JANNAT Unha torre CHARLOTTE Comida XIÁN Un tren con mando. HUGO Un coche con mando NICOLÁS Un gusano