Algúns traballiños de primavera
Desde a volta das vacacións de Semana Santa, xa metidos na primavera, andivemos moi ocupados decorando o vestíbulo, as portas e as clases con motivos primaverais. Na clase dos maiores, de 5 anos, decoraron a súa porta dun xeito espectacular: moi colorida e con moito traballo minucioso onde as habilidades de motricidade fina tiveron un papel importante: cortaron fieltro, para facer insectos, arrugaron, rasgaron, pintaron con diferentes técnicas, crearon en plastilina bechos, flores...e quedoulles unha porta moi moi artística e primaveral. Estes rapaces e rapazas son uns artistas!! A zona de árbores tamén a encheron de bechos variados feitos con plastilina. Na clase dos de 3 e 4 tamén andiveron a argallar unha nova porta. Deixaron a choiva e cambiaron os tronos por soles e así de súpeto apareceu un enorme arco da vella que eles se encargaron de pintar. Tamén decoraron unhas flores con moito xeito. Ademáis, puxéronse mans á obra cun novo mural, cheo de ...