Entradas

Mostrando entradas de abril 29, 2023

Comezamos cos experimentos e a agua

Imagen
  Neste trimestre, e en relación coa temática da auga que estamos a traballar en clase, levaremos a cabo unha serie de experimentos nos que a auga ou ben é protagonista ou é partícipe en moitos deles e sen ela non sería posible realizalos. Esta semana comezamos co experimento dos "Osiños mutantes". Despois de cheirar ou probar os ingredientes que utilizaríamos (zume de limón, vinagre, sal, auga e osiños de gominola), metimos cada osiño nun vaso cun ingrediente. E levamos a cabo as nosas "hipóteses", reflexionando sobre o que sucedería cando chegásemos a clase ó día seguinte, pois Ánxela nos dixo que teríamos que esperar todo ese tempo para verigualo. GAÑOU POR GOLEADA A IDEA DE QUE OS OSIÑOS CRECERÍAN.  UN COMPAÑEIRO ESTABA CONVENCIDO DE QUE CRECERÍAN TANTO QUE CHEGARÍAN AO TEITO. Ó día sesguinte, a maioría chegamos entusiasmados por ver que sucedera cos osiños e  comprobamos abraiados, que no vaso do zume de limón e do vinagre os osiños desapareceran, xa non se veí