Comezamos cos experimentos e a agua

 

Neste trimestre, e en relación coa temática da auga que estamos a traballar en clase, levaremos a cabo unha serie de experimentos nos que a auga ou ben é protagonista ou é partícipe en moitos deles e sen ela non sería posible realizalos.


Esta semana comezamos co experimento dos "Osiños mutantes".
Despois de cheirar ou probar os ingredientes que utilizaríamos (zume de limón, vinagre, sal, auga e osiños de gominola), metimos cada osiño nun vaso cun ingrediente.
E levamos a cabo as nosas "hipóteses", reflexionando sobre o que sucedería cando chegásemos a clase ó día seguinte, pois Ánxela nos dixo que teríamos que esperar todo ese tempo para verigualo.

GAÑOU POR GOLEADA A IDEA DE QUE OS OSIÑOS CRECERÍAN. 

UN COMPAÑEIRO ESTABA CONVENCIDO DE QUE CRECERÍAN TANTO QUE CHEGARÍAN AO TEITO.


Ó día sesguinte, a maioría chegamos entusiasmados por ver que sucedera cos osiños e  comprobamos abraiados, que no vaso do zume de limón e do vinagre os osiños desapareceran, xa non se veían.

En cambio no vaso que contiña auga con sal, o osiño seguía estando e era igual que antes.
E no vaso da AUGA o osiño crecera.
Aínda que non tanto como pensabamos.




A nosa seguinte hipótese xiraba en torno ao por que sucedera isto.


UN COMPAÑEIRO SUXERIU QUE O VINAGRE E O ZUME DE LIMÓN NON DEBÍAN SER MOI BOS PARA OS  OSIÑOS. TIÑAN ALGO MALO QUE OS FIXO DESAPARECER.

E QUE EN CAMBIO A AUGA É TAN SANA E TAN BOA, QUE POR ISO O OSIÑO CRECERA.E 


Aínda que algún que outro compañeiro estaba convencido de que fora o "traste" que temos na clase, o que fixera desaparecer aos osiños, pois de cando en cando sí que nos fai algunha trasnada.
Ánxela explicounos que como este era un experimento científico tamén tiña unha explicación ou razón científica. Nun breve video puidemos escoitala e comprender mellor o que sucedera.


Finalmente rexistramos en papel estas observacións.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Festexamos o Samaín por todo o alto

Máis cousiñas do Samaín!

Infantil xuntos - Comezamos o Samaín