Entradas

Mostrando entradas de noviembre 19, 2022

Máis propostas de outono

Imagen
  Como estes días seguimos a falar da choiva, fixemos unha sinxela manualidade para representala. Primeiro picamos en cartolina unha nube, á que logo cada quen lle deu vida debuxándolle ollos, nariz, boca... Despois pintamos un rolo de papel hixiénico con témpera e pincel. E por último pegamos cintas de papel de seda e celofán de diferentes tonos que recordasen á chuvia. E así de contentos marchamos para casa coa chuvia!! E seguimos con creacións plásticas! Esta semana tamén fixemos a cestiña para as castañas. Usamos botes de leite baleiros. Pegamos neles papel de xornal para despois pintar por riba cunha cor de témpera elixida por cada quen.  E logo pegamos as letras dos nosos nomes e eliximos algúns debuxos para colorear e pegar nela: cabazas, uvas, castañas, pantasmas, bruxas... Olvidámonos de sacar fotos ás cestiñas pero quedaron moi chuliñas e moito xogamos con elas na clase nos momentos de xogo simbólico...ademáis o día do magosto puidemos enchelas de riquísimas castañas asadas!!