Entradas

Mostrando entradas de marzo 10, 2026

Visitamos o Salón do Libro de Pontevedra

Imagen
  Este luns 9 de marzo visitamos o Salón do Libro de Pontevedra. Este ano está adicado á MÚSICA, ademáis de facer unha pequena homenaxe a Palestina.  Nada máis chegar nos agardaba o lobo Orbil e as monitoras e monitores que nos guiarían polo Salón.  O primeiro que fixemos foi desfrutar duns contos divertidísimos que se encargou de contar Bea Campos. Tamén nos amosou moitos obxectos interesantes: unha caixiña de música, unha cociña ben quentiña....  Escoitamos o conto de "Garabanciña", e cantamos todos xuntos e tocamos instrumentos acompañando con outros contos como "Limón, limón" ou "Hai que vestir ó bebé".  Vimos e tocamos todo tipo de instrumentos do máis curiosos, desde a clásica batería a tambores enormes feitos con botes de pintura, que estaban decorados e segundo o tamaño soaban de diferente maneira.  Noutra sala había potas de distintos tamaños, tixolas...que tamén servían como instrumentos musicais.  Nalgúns momentos parabamos a escoitar algunh...

Participamos nunha actividade de centro para homenaxear a Rosalía de Castro

Imagen
O 23 de Febreiro foi o día de Rosalía, e o equipo de Dinamización Lingüística propuxo unha actividade conxunta para rendirlle homenaxe.  Nas aulas adicamos uns días a facer diferentes actividades: informarnos da súa biografía, ler conxuntamente algún dos seus poemas máis coñecidos, escoitar algúns deles cantados por diferentes artistas...así como algún traballo de papel no que deixar rexistrado o aprendido.  Un día que puidemos facer a milla diaria entre tanto día de choiva, recollemos elementos naturais pequeniños para utilizalos nun cadro de Rosalía.  Traballamos un montón e moi concentrados e quedou moi chulo.  O expuxemos xunto co resto de traballos dos compañeiros de centro, como fonte informativa e expositiva, así como artística.  

Algunhas propostas do día a día

Imagen
Mostrámosvos algunhas acitividades e propostas nas que andivemos "a enredar". Con tanta choiva, enchemos a fraga do Daría de pingas de auga, nas que empregamos varias técnicas plásticas  nas aulas. En cada pinga escribimos unha das infinitas palabras coas que podemos referirnos á choiva. Fíxéronnos moita gracia e cada quen escolleu unha.  Na aula de Infantil 2, ademáis das pingas tamén fixeron unhas nubes con prástico burbulla.  Contamos contos sobre a choiva e o inverno, aprendemos poemas e rimas, ambientamos os nosos recantos da estación e tamén as nosas portas das aulas. Utilizamos diferentes materiais da aula para aprender máis significativamente e xogamos nos distintos recantos, levando a cabo ademáis algunha proposta conxunta por equipos.  Seguiremos contándovos!!