Algunhas propostas do día a día

Mostrámosvos algunhas acitividades e propostas nas que andivemos "a enredar".

Con tanta choiva, enchemos a fraga do Daría de pingas de auga, nas que empregamos varias técnicas plásticas  nas aulas. En cada pinga escribimos unha das infinitas palabras coas que podemos referirnos á choiva. Fíxéronnos moita gracia e cada quen escolleu unha. 






Na aula de Infantil 2, ademáis das pingas tamén fixeron unhas nubes con prástico burbulla.


 Contamos contos sobre a choiva e o inverno, aprendemos poemas e rimas, ambientamos os nosos recantos da estación e tamén as nosas portas das aulas.












Utilizamos diferentes materiais da aula para aprender máis significativamente e xogamos nos distintos recantos, levando a cabo ademáis algunha proposta conxunta por equipos. 









Seguiremos contándovos!!





Comentarios

Entradas populares de este blog

A HORTA ESTÁ A MEDRAR

Participamos nunha instalación artística de transformación

Así nos foi neste primeiro mes en Infantil 3 e 4 anos!