Visitamos o Salón do Libro de Pontevedra
Este luns 9 de marzo visitamos o Salón do Libro de Pontevedra. Este ano está adicado á MÚSICA, ademáis de facer unha pequena homenaxe a Palestina.
Nada máis chegar nos agardaba o lobo Orbil e as monitoras e monitores que nos guiarían polo Salón.
O primeiro que fixemos foi desfrutar duns contos divertidísimos que se encargou de contar Bea Campos. Tamén nos amosou moitos obxectos interesantes: unha caixiña de música, unha cociña ben quentiña....
Escoitamos o conto de "Garabanciña", e cantamos todos xuntos e tocamos instrumentos acompañando con outros contos como "Limón, limón" ou "Hai que vestir ó bebé".
Vimos e tocamos todo tipo de instrumentos do máis curiosos, desde a clásica batería a tambores enormes feitos con botes de pintura, que estaban decorados e segundo o tamaño soaban de diferente maneira.
Noutra sala había potas de distintos tamaños, tixolas...que tamén servían como instrumentos musicais.
E noutra sala bailamos con Orbil, que nos guíaba cunha coregrafía de pasos sinxelos.
Mentres Uxía, a monitora nos levaba de sala en sala, tamén nos amosaba algúns libros e contos relacionados coa temática do salón, como o de "Unha vella tiña un can..."
ou "Os músicos de Bremen", no que axudamos todos e todas a colocar os distintos instrumentos a cada animal.
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
Comentarios
Publicar un comentario