O 23 de Febreiro foi o día de Rosalía, e o equipo de Dinamización Lingüística propuxo unha actividade conxunta para rendirlle homenaxe.
Nas aulas adicamos uns días a facer diferentes actividades: informarnos da súa biografía, ler conxuntamente algún dos seus poemas máis coñecidos, escoitar algúns deles cantados por diferentes artistas...así como algún traballo de papel no que deixar rexistrado o aprendido.
Un día que puidemos facer a milla diaria entre tanto día de choiva, recollemos elementos naturais pequeniños para utilizalos nun cadro de Rosalía.
Traballamos un montón e moi concentrados e quedou moi chulo.
O expuxemos xunto co resto de traballos dos compañeiros de centro, como fonte informativa e expositiva, así como artística.
Comentarios
Publicar un comentario