Entradas

Mostrando entradas de octubre 1, 2023

Comezamos un novo curso!

Imagen
 Xa levamos tres semanas de clases e vos contamos algunhas das cousas nas que andivemos a argallar. Neste trimestre, por mor das obras, non teremos o patio dos columpios e mentres facemos o recreo onde están as árbores e o areeiro.                                 Tamén celebramos os cumpreanos de Xian e Nicolás, que cumpliron nestes primeiros días de setembro.                                < Tamén participamos nas primeiras sesións na aula de psicomotricidade, utilizando material diverso, facendo circuitos e xogos. Ademáis, no primeiro día de clases, apareceu na clase un peluche, que resultou ser o monstro de cores, cunha mensaxe para nós. Debíamos resolver as pistas para atopar o conto que nos tiña reservado. Tivemos que buscar por moitos sitios, debaixo das mesas, no cuarto de baño, nos diferentes recantos da clase.... E finalmente compoñer unha palabra coas letras que atopabamos en cada lugar, que estaban numeradas. Así soubemos que o nome que se formou foi o de TATI, unha profe